xoves, 20 de xuño de 2013

Jurassic Park Diversión en estado puro.

Por Xabier González.



Cando un se dispón a ver , Jurassic Park que non agarde grandes reflexións filosóficas sobre a vida e a historia do mundo. Jurassic Park é, dende o meu punto de vista, unha película para se entreter, moito e moi ben. Spielberg crea un clásico inmediato, unha xoia do salón da casa para o disfrute de toda a familia. Rirás, pasaralo ben e terás un bo recordo. Non é a mellor película da historia do cine, pero tampouco pretende selo. É, simplemente, boa diversión.
As interpretacións son, ante todo, moi divertidas, a destacar a de Jeff Golblum, un matemático un pouquiño raro e a intervención, curta pero intensa, de Samuel L. Jackson, quen ten unha fin..., deixémolo ahi, ten unha fin.
Os efectos especiais siguen sendo, 20 anos despois do estrno do filme, espectaculares.
Podería, ao meu parecer, catalogala nese tipo de películas cuxa finalidade é a diversión familiar, coma The Goonies ou Gremlins, pero cun xenial toque de ciencia ficción e un anaco de humor negro. En xeral, moi recomendable, pura diversión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario