sábado, 12 de outubro de 2013

Rosendo Estoupa.

Por Xabier González.

Rosendo Mercado é un dos españois que máis fixo pola reivindicación do rock no noso país. Co seu grupo Leño formou un dos primeiros representantes do rock duro en España alá polo ano 1978, en pura transición dende o réxime franquista ao sistema actual.
Se daquela, o vocalista e guitarrista atacaba duramente as leis do réxime de Franco, non podía faltar a súa ofensa ao corrupto e inservible sistema político-económico actual.
Este ataque ten nome e forma de disco, "Vergüenza Torera" (nótese a ironía do cantautor xa no título)
Ante a pregunta dun periodista : "¿Que é o que máis vergoña che fai sentir?", Rosendo respondeu : "A imaxe infame que estamos a dar de nós ao resto do mundo. Porque aquí xa nos coñecemos todos fai bastante tempo. Pero fóra... Estamos a dicir unha cousa e a facer outra distinta. Estamos a facer o ridículo..."
Vendo os títulos dos temas vemos de que vai isto : "Vergüenza Torera" (homónima), "Ni fu ni fa", "Delirio" e "Autócratas" son algúns dos nomes das cancións.
Por fin chega a moi necesaria volta da canción protesta á nosa época. Facía falta que as personaxes públicas puxesen o seu sobre a mesa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario