O vindeiro 16 de maio chegará aos nosos cines un novo remake de Godzilla, o segundo en ser totalmente feito por unha produtora estadounidense. Será dirixido por Gareth Edwards e contará entre o seu reparto, entre outros, con Bryan Cranston (Breaking Bad) e Ken Watanabe (Inception). Como sempre ocorre cos remakes, os deseños estiveron a xerar controversias, ao que Edwards contestou: "O modo no que intentei ver a Godzilla foi no de imaxinar que era unha cristura real, e alguén do estudo Toho viuno nos anos 50, volveu correndo ao estudo para facer unha película sobre o que acababa de ver". Tamén afirmou que estaría encantado de que a súa revisión do mito da ciencia ficción xaponesa fose tido en conta como parte do grupo xaponés, o grupo Toho. ¿Que veremos con este novo Godzilla? Eu penso que só existen dúas posibilidades: Por unha parte, que a película sexa un despropósito de efectos especiais, tiros e chistes malos, e, por outra parte, que a película nos amose unha historia ben levada cun monstro arrepiante. |
sábado, 10 de maio de 2014
Godzilla.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario