Cultura.

Crítica a Cazadores de Sombras V: Cidade das Almas Perdidas

Por Carolina Outomuro | Ourense | 11/10/2013
O presente libro, para todos os fans da saga, está máis ou menos ben, sinceramente, prefiro outras partes de Cazadores de Sombras. O final non é tan estraño coma o anterior, que remataba cun: "agora somos un irmán"; pero sí é certo que para o seguinte gustaríame que se cambiara algo, non vou dicir o que para os que o estean lendo.
Quedei abraiada cunha escena de Simon e Isabel, por ser un tanto... Como dicilo?... Rara, porque non creo que a reacción de Isabel sería a normal. Despois están as escenas Malec, que para os que non o saiban, refírome a Magnus Bane e a Alec Lightwood, outra parella que aparece no libro a maiores da de Clary e Jace, e que penso que as súas escenas son románticas e que como dicimos a maioría das rapazas: "Son tan monos..."
Outras escenas románticas son as de Jace e Clary, pero teñen un regusto estraño, os que lestes o libro sabedes ao que me refiro.
E por último está Sebastian. E non vos deixedes enganar polos seus ollos negros que segue sendo tan perverso coma sempre.
En resumo, que o libro non está nada mal pero que non sobresae tanto coma versións anteriores.



Os rosetóns, alumean a nosa cultura de cores.

Por Serxio María | Ourense | 28/10/2012

Os rosetóns representan un dos eixos fundamentaís na decoración das igrexas deste país.

Roseton de Inspiracion celta.
Os rosetóns chegaron a Galicia cos romanos aló polo século I a.C, eran unha forma práctica e fermosa de dotar ós edificios de luz e de vida, embelecendo a imaxe pétrea da pedra galega dos nosos maxestuosos edificios. A súa forma circular rompía cos modelos angulares gregos e encaixaban coa cultura celta que xa utilizaba este corpo xeomorfo.
Durante a Idade Media perdeuse a costume do uso dos rosetóns nos paises europeos, pois neste tempo destruírase toda icona de cultura romana, e comezaríase a desenvolver unha cultura artística, máis rústica e nórdica. O escaso arte que se cultivou nesta xeira correspondeu o campo da relixión.

Santa Eufemia, Ourense.
Xa ven entrado o século XIV recuperouse en Galicia, un arte estilizado e non tan nórdico como o que as monarquías medievais desenvolveran neste país, esto foi posibel grazas a chegada do estilo gótico, como é o caso da igrexa de Santa Eufemia en Ourense.
Ben é certo que se estabrece un contraste entre o estilo gótico tardío e o gótico máis primeirizo, sendo este primeiro moito máis apreciado, debido a cristaleiría que presentan, e a riqueza decorativa dos rosetóns correspondentes.

Na actualidade tense perdido moito o uso cotiá por parte dos arquitectos desta forma circular, que tan fermosa se amosa nas laxes de pedra dos edificios, que tingue de cores o pasar a luz do sol polos cromáticos cristaís.

Ningún comentario:

Publicar un comentario