O vindeiro 16 de maio chegará aos nosos cines un novo remake de Godzilla, o segundo en ser totalmente feito por unha produtora estadounidense. Será dirixido por Gareth Edwards e contará entre o seu reparto, entre outros, con Bryan Cranston (Breaking Bad) e Ken Watanabe (Inception). Como sempre ocorre cos remakes, os deseños estiveron a xerar controversias, ao que Edwards contestou: "O modo no que intentei ver a Godzilla foi no de imaxinar que era unha cristura real, e alguén do estudo Toho viuno nos anos 50, volveu correndo ao estudo para facer unha película sobre o que acababa de ver". Tamén afirmou que estaría encantado de que a súa revisión do mito da ciencia ficción xaponesa fose tido en conta como parte do grupo xaponés, o grupo Toho. ¿Que veremos con este novo Godzilla? Eu penso que só existen dúas posibilidades: Por unha parte, que a película sexa un despropósito de efectos especiais, tiros e chistes malos, e, por outra parte, que a película nos amose unha historia ben levada cun monstro arrepiante. |
sábado, 10 de maio de 2014
Godzilla.
sábado, 15 de marzo de 2014
A Industria da Banda Deseñada en España.
sábado, 22 de febreiro de 2014
Adeus a Philip Seymour Hoffman.
Volvendo ao fío do asunto. A policía de New York abriu unha investigación para aclarar cales foron as causas exactas do pasamento, ainda que o máis probable, segundo afirma o xornal The New York Post, é que a causa fose unha sobredose de heroína, droga á que o actor era adicto, mesmo facía un ano que estivera a pasar unha tempada nun programa de rehabilitación de heroinómanos. Unha vez máis por desgraza a droga leva a unha gran estrela, será recordado como o excelentísimo actor que foi. |
sábado, 1 de febreiro de 2014
A Era Do Remake
Ao tema, o século XXI trouxo, na súa primeira década, moitos remakes. Entre eles, películas moi galardoadas, como Infiltrados (2006), dirixida tamén por Martin Scrosese. Esta recibiu 4 premios Oscar e é un remake da película Xogo Sucio. Tamén grandes éxitos de taquilla, coma a versión de 2005 de Steven Spielberg de A Guerra Dos Mundos, e incluso remakes de produtos nacionais, como Vanilla Sky, remake realizado por Cameron Crowe (reparto: Tom Cruise e Penélope Cruz) da película Abre Os Ollos, de Alejandro Amenábar (protagonizada por Eduardo Noriega, Penélope Cruz e Fele Martínez) ou Quarantine, remake norteamericano de REC, do director Jaume Balagueró. Coa segunda década deste século, o mundo dos remakes non para. Entre outros: Conan O Bárbaro (Orixinal 1982, Remake 2011), Footlose (Orixinal 1984, Remake 2011), Carrie (Orixinal 1976, Remake 2013) ou Pesadelo En Elm Street (Orixinal 1984, Remake 2010). No presente, son uns cantos os remakes que están e que veñen, coma Oldboy, remake americano dunha película homónima de 2003. Sexa por falta de orixinalidade ou sexa por asegurar algo familiar ao espectador, a era dos remakes é case unha realidade, ainda que sempre aparecen películas totalmente orixinais e de moita calidade, como por exemplo, Orixe, de Christopher Nolan. |
sábado, 18 de xaneiro de 2014
Globos de Ouro 2014
domingo, 27 de outubro de 2013
O Derradeiro Yeah.
Por Xabier González.
No ano 2015, The Who cumprirá os 50 anos de existencia, e, con motivo deste suceso, farán a súa última xira. Si, señores, quizais en 2015 escoitemos o último berro de Roger Daltrey.
A máis que mítica banda leva, dende 2002, coa seguinte formación: Os membros fundadores Roger Daltrey (vocalista) e Pete Townshend (guitarrista), e os agregados John Bundrick (teclista), Zak Starkey (batería), Pino Palladino (baixista) e Simon Townshend, quen ademais de guitarrista rítmico é irmán pequeno de Pete. Faltan os falecidos Keith Moon e John Etswille, membros fundadores, o primeiro batería de lenda e o segundo grandísimo baixista.
Volvendo ao fío, en 2015 viviremos, por sorte ou por desgraza, a última xira desta banda. Será a derradeira ocasión para escoitar todos eses míticos temas coma My Generation, Baba O'Riley ou Won't Get Fooled Again.
Realmente, esto faime reflexionar, e pensar que quizais os vellos rockeiros non queden ahí por sempre, pero, ben pensado, Elvis leva máis de 30 anos morto, mais segue vivo na súa música.
sábado, 12 de outubro de 2013
Tarantino segue a ser moito Tarantino.
Por Xabier González.
Django Unchained é a última película do director Quentin Tarantino. Un dos westerns máis raros que teño visionado, e, á vez, o mellor que vin pasar por diante dos meus ollos. Tarantino demostra unha vez máis o ben que se lle da a acción, se ben nas súas primeiras e máis aclamadas películas (Reservoir Dogs, Pulp Fiction) as escenas de acción son curtas e concretas, dende que fixera Kill Bill aló polo ano 2001 o director estadounidense adoita crear auténticos apoteoses de acción con altas doses de sangue e moitos momentos, coma moitos definen, "inspiradores de chulería".
Jaime Foxx interpreta ao protagonista, Django, un afroamericano que sofre moi directamente as duras leis contra os afroamericanod existentes nos Estados Unidos de América na época anterior á guerra de secesión. A Foxx acompáñao un reparto dun nivel altísimo. Dende vellos coñecidos das películas de Tarantino coma Samuel L. Jackson ata otros que levan menos tempo con Quentin coma Christoph Waltz. Este último interpreta ó doutor King Schulz, un dentista un tanto insusual. A súa enorme interpretación veleulle un merecidísimo Oscar a Mellor Actor de Reparto, o segundo na súa carreira cinematográfica.
Se a esta mestura, engadimos a Leonardo DiCaprio, quen está máis que ben, e unha gran banda sonora, bo costume de Tarantino, temos unha das mellores películas do actual século XXI.
Se non che gustan os desparrames de sangue, non vexas Django, se che gustan, xa estás tardando en vela.
Django Unchained é a última película do director Quentin Tarantino. Un dos westerns máis raros que teño visionado, e, á vez, o mellor que vin pasar por diante dos meus ollos. Tarantino demostra unha vez máis o ben que se lle da a acción, se ben nas súas primeiras e máis aclamadas películas (Reservoir Dogs, Pulp Fiction) as escenas de acción son curtas e concretas, dende que fixera Kill Bill aló polo ano 2001 o director estadounidense adoita crear auténticos apoteoses de acción con altas doses de sangue e moitos momentos, coma moitos definen, "inspiradores de chulería".
Se a esta mestura, engadimos a Leonardo DiCaprio, quen está máis que ben, e unha gran banda sonora, bo costume de Tarantino, temos unha das mellores películas do actual século XXI.
Se non che gustan os desparrames de sangue, non vexas Django, se che gustan, xa estás tardando en vela.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
