domingo, 27 de outubro de 2013

O Derradeiro Yeah.


Por Xabier González.

No ano 1965, nacía en Reino Unido The Who, un grupo formado por Roger Daltrey, Pete Townshend, John Etswille e Keith Moon que, nos seus comezos fixo música semellante á dos outros grupos da chamada Invasión Británica que ateigou os comercios musicais dos Estados Unidos de discos de grupos da Gran Bretaña, estilo que, a comezos dos anos 70 converteuse nunha mestura entre rock duro, progresivo e ópera que ninguén antes presenciara e que despois moitos outros imitarán.
No ano 2015, The Who cumprirá os 50 anos de existencia, e, con motivo deste suceso, farán a súa última xira. Si, señores, quizais en 2015 escoitemos o último berro de Roger Daltrey.
A máis que mítica banda leva, dende 2002, coa seguinte formación: Os membros fundadores Roger Daltrey (vocalista) e Pete Townshend (guitarrista), e os agregados John Bundrick (teclista), Zak Starkey (batería), Pino Palladino (baixista) e Simon Townshend, quen ademais de guitarrista rítmico é irmán pequeno de Pete. Faltan os falecidos Keith Moon e John Etswille, membros fundadores, o primeiro batería de lenda e o segundo grandísimo baixista.
Volvendo ao fío, en 2015 viviremos, por sorte ou por desgraza, a última xira desta banda. Será a derradeira ocasión para escoitar todos eses míticos temas coma My Generation, Baba O'Riley ou Won't Get Fooled Again.
Realmente, esto faime reflexionar, e pensar que quizais os vellos rockeiros non queden ahí por sempre, pero, ben pensado, Elvis leva máis de 30 anos morto, mais segue vivo na súa música.

Ningún comentario:

Publicar un comentario