sábado, 12 de outubro de 2013

Tarantino segue a ser moito Tarantino.

Por Xabier González.


Django Unchained é a última película do director Quentin Tarantino. Un dos westerns máis raros que teño visionado, e, á vez, o mellor que vin pasar por diante dos meus ollos. Tarantino demostra unha vez máis o ben que se lle da a acción, se ben nas súas primeiras e máis aclamadas películas (Reservoir Dogs, Pulp Fiction) as escenas de acción son curtas e concretas, dende que fixera Kill Bill aló polo ano 2001 o director estadounidense adoita crear auténticos apoteoses de acción con altas doses de sangue e moitos momentos, coma moitos definen, "inspiradores de chulería".
Jaime Foxx interpreta ao protagonista, Django, un afroamericano que sofre moi directamente as duras leis contra os afroamericanod existentes nos Estados Unidos de América na época anterior á guerra de secesión. A Foxx acompáñao un reparto dun nivel altísimo. Dende vellos coñecidos das películas de Tarantino coma Samuel L. Jackson ata otros que levan menos tempo con Quentin coma Christoph Waltz. Este último interpreta ó doutor King Schulz, un dentista un tanto insusual. A súa enorme interpretación veleulle un merecidísimo Oscar a Mellor Actor de Reparto, o segundo na súa carreira cinematográfica.
Se a esta mestura, engadimos a Leonardo DiCaprio, quen está máis que ben, e unha gran banda sonora, bo costume de Tarantino, temos unha das mellores películas do actual século XXI.
Se non che gustan os desparrames de sangue, non vexas Django, se che gustan, xa estás tardando en vela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario