sábado, 22 de febreiro de 2014

Adeus a Philip Seymour Hoffman.


O pasado 2 de febreiro, un home entra no piso do actor Philip Seymour Hoffman en New York e atopa o corpo sen vida ás 11.30, hora local. Confirmouse así un medo existente, a posibilidade de que a heroína acabase coa vida dun dos mellores actores secundarios dos últimos tempos. Hoffman naceu en Fairport, estado de New York, Estados Unidos. Durante a súa mocidade asistiu a clases de teatro co que colleu gana e afán pola interpretación. A súa carreira como actor comezou na serie de televisión "Law & Order", na que interpretou o papel dun abogado defensor. Ao longo da súa carreira Hoffman ten interpretado roles moi carismáticos, así coma ten comprobado o ben que fai caer as personaxes ao público. Un caso é o seu papel de Brandt en "The Big Lebowski", película dos irmáns Cohen. Personalmente destacaría a súa interpretación do crítico musical dos anos 60 e 70 Lester Bangs, na película "Almost Famous", dirixida por Cameron Crowe. Neste filme, Hoffman non aparece durante moito tempo, pero o pouco que o fai inclina ao espectador a sentir aprezo por Bangs. Tamén é, practicamente obrigatorio, destacar a súa interpretación do xornalista e escritor Truman Capote na película biográfica, Capote, que lle valeu un premio Oscar ao Mellor Actor.
Volvendo ao fío do asunto. A policía de New York abriu unha investigación para aclarar cales foron as causas exactas do pasamento, ainda que o máis probable, segundo afirma o xornal The New York Post, é que a causa fose unha sobredose de heroína, droga á que o actor era adicto, mesmo facía un ano que estivera a pasar unha tempada nun programa de rehabilitación de heroinómanos.
Unha vez máis por desgraza a droga leva a unha gran estrela, será recordado como o excelentísimo actor que fo
i.

Ningún comentario:

Publicar un comentario