sábado, 15 de marzo de 2014

A Industria da Banda Deseñada en España.


Como todos, ou case todos, sabemos, España non é un país acertado en decisións políticas,
económicas...etc. Gustaríame tratar o tema da banda deseñada, comic, tebeo, historieta ou como se chame. Desde fai xa uns anos observamos que en España a industria do cine non acaba de funcionar, quitando a algúns coma Alejandro Amenábar ou Jaume Balagueró, a maior parte dos directores de cine españois dedícanse a facer películas ríndose do propio país. ¿Por que empurrar ao cine e non á banda deseñada? O comic é un seitor que sempre tivo un cariño especial por parte de moita xente en España. Dende o meu punto de vista existe un enorme potencial nesta área da literatura, tan só hai que pensar en cales son as maiores personaxes ficticias da España contemporánea: Mortadelo e Filemón, Zipi e Zape, O Capitán Trueno... Aínda que soe esaxerado, estes son os Don Quijotes da nosa época, pero seguimos sen tomar en serio esta industria. Quizais debiamosnos fixar no exemplo de Xapón. A día de hoxe, o manga (banda deseñada propia de Xapón) constitúe o 40% de todas as ventas de lecturas no país do sol nacente, é dicir, de cada 100 revistas, libros, xornais, manuais...etc que se mercan en Xapón, 40 son mangas. Se sumasemos a cantidade de tomos vendidos de Bola de Dragón e á cantidade de tomos vendidos de One Piece, obteríamos unha suma duns 425 millóns de exemplares. É máis, xunto aos aparatos electrónicos (Sony e Nintendo son xaponesas) o manga é unha das maiores exportacións de Xapón (Bola de Dragón, Supercampeóns, One Piece, Doraemon, Shin-Chan...etc.). Volvendo ao fío, o cómic, debería ser tomado máis en serio, tanto coma o cine, a literatura escrita,... etc. Adentrándonos en Galicia, cabe destacar, por exemplo, a obra "Ardalén" de Miguelanxo Prado, que gañou múltiples premios. Concluíndo. Os autores de banda deseñada son auténticos artistas. Debuxan e guionizan, e a velocidades inhumanas, pero nunca serán tomados en serio neste país. Espero equivocarme. ¿Como se sentirá o mestre Ibáñez tras agasallar a todos os españois con dúas personaxes dese calibre como son Mortadelo e Filemón e ver que a industria do cómic é tomada coma cousas para nenos? Posiblemente, moi triste

Ningún comentario:

Publicar un comentario