sábado, 10 de maio de 2014

Godzilla.

Godzilla é un monstro xaponés ficticio protagonista de numerosas películas que o converteron nunha das personaxes cinematográficas máis coñecidas do mundo. Apareceu en pantalla por primeira vez no ano 1954, na película Gojira, producida polos estudos Toho. O citado monstro apareceu en 28 películas xaponesas ata a data e tamén nun controvertido e de dudosa calidade remake estadounidense no ano 1998. Godzilla é quizais a referencia máis popular da cultura xaponesa do século XX, sendo descrito coma un enorme dinosaurio mutante, que xera e e salva do caos a Tokio, polo que ten sido considerado un antiheroe. A súa popularidade decreceu cos anos, pero segue a ser a icona por excelencia do xénero kaiju (monstros xigantes). Acostúmase a dicir que os estudos Toho pensaran en Godzilla coma unha especie de metáfora do medo que Xapón sentiu tras os bombardeos de Hiroshima e Nagasaki.
O vindeiro 16 de maio chegará aos nosos cines un novo remake de Godzilla, o segundo en ser totalmente feito por unha produtora estadounidense. Será dirixido por Gareth Edwards e contará entre o seu reparto, entre outros, con Bryan Cranston (Breaking Bad) e Ken Watanabe (Inception). Como sempre ocorre cos remakes, os deseños estiveron a xerar controversias, ao que Edwards contestou: "O modo no que intentei ver a Godzilla foi no de imaxinar que era unha cristura real, e alguén do estudo Toho viuno nos anos 50, volveu correndo ao estudo para facer unha película sobre o que acababa de ver". Tamén afirmou que estaría encantado de que a súa revisión do mito da ciencia ficción xaponesa fose tido en conta como parte do grupo xaponés, o grupo Toho.
¿Que veremos con este novo Godzilla? Eu penso que só existen dúas posibilidades: Por unha parte, que a película sexa un despropósito de efectos especiais, tiros e chistes malos, e, por outra parte, que a película nos amose unha historia ben levada cun monstro arrepiante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario